Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 13 de novembro de 2012


Boas! Fai pouco que rematou o manga de Hitman Reborn! da Weekly Shonen Jump despois de máis de 300 capítulos. Na miña opinión, as causas máis claras diso foron que a historia xa non daba máis de sí e as enquisas estaban a cebarse co manga ao colocalo sempre nos últimos postos, aínda que é posíbel que fóse decisión da autora.
O caso é que neste blog xa reseñei o anime(e púxerálle un nota boa ) , así que agora reseño o manga, que lin dende onde remata o anime, o que basicamente son dous arcos argumentais. Por se acaso, recordemos de que ía isto:

Katekyo hitman reborn conta a historia de Tsuna, un rapaz que é bastante inútil en todo. Así, a súa vida cambia cando alguén con aspecto de bebé, de traxe, chamado Rebornr!, dille que é descendente da mafia italiana e que é o candidato a ser o pŕoximo xefe da familia, o Vongola Décimo. Tsuna dille que non, así que Reborn dille que non importa, que teñen tempo, tempo que usarán pra converter a Tsuna nun verdadeiro xefe.
 Este manga ten varios elementos diferenciais, que fan que sexa diferente a calquera outra cousa. Primeiro,  está o feito de que a a historia xira entorno a algo que en inglés é coñecido como dying will bullet, ou bala da última vontade. Así, é unha bala especial que non é unha bala que mata directamente, xa que non caso de que a persoa á que se lle dispara a bala revive se se arrepinte de non ter feito algo, técnica que Reborn! usa con Tsuna repetidas veces.
Outra cousa bastante interesante no manga é que @s personaxes que se supón que son os máis poderosos do manga, pero son bebés. Non é unha metáfora, realmente son bebés. Non sempre o foron, dado que teñen esa forma debido a que están así por unha maldición. Creo que é un elemento diferencial que fai que o manga sexa diferente, sempre é guai que haxa bebés en manga. Especialmente se son loitadores XD.

Se falamos do argumento, ao comezo do manga é moi simple, basicamente Reborn! comeza como gag mnaga. Sen embargo, isto cambia e despois a historia vólvese algo máis profunda, aínda que non se paran demasiado niso e pasan ás batallas directamente, algo que lle da bastante dinamismo ao manga.

O debuxo do manga mellora moito co paso dos capítulos. A persoa que debuxa o manga traballou como asistente do mangaka de Fairy Tail, polo que podemos atopar similitudes nos seus estilos pero neste caso os trazos non son tan marcados.

Non todo é bo no manga. Agora que acaba de rematar, podo dicir que o final....non me gustou. O arco final, no que se supón que darían tódalas respostas e pecharían tódalas tramas foi rematado dun xeito bastante abrupto, coma se de pronto decidisen que xa pelexaran bastante e que todos serían felices. As batallas foron moi épicas pero creo que todo rematou de golpe. Ese tema non me gustou, pero o que menos me gustou foi que Hitman Reborn! remata cun final aberto. Non hai unha conclución, non sabes como remata a historia. Hai veces que é mellor así(especialmente se intentan pechar demasiadas cousas e despois non queda nada ben) pero neste caso pareceume demasiado simple pra tratarse dun manga de máis de 300 capítulos que gozou de gran popularidade durante moito tempo.

A pesar do final, merece unha boa nota. Un pouco máis que o anime porque o estilo de debuxo é mellor i é unha historia completa.


Nota: 9.25


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //