Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 22 de xaneiro de 2013


Boas! Hoxe vou comezar unha coleción de post sobre anime que saíu xa varios anos(neste caso máis de 30 anos atrás). Comezarei polo anime que saíu entre 1980 e 1989, ámbolos dous incluídos.Que por que non comezo nos 50, 60 ou 70? Bueno, primeiro farei os 80, 90 , 2000 porque son os máis recentes e polo tanto os anos que máis posibilidades teñen de albergar un anime que eu teña visto. Logo deses tres post igual falo de anime dos 60 e dos 70(Suponse que o anime como tal naceu en 1962) , pero dende un punto de vista das orixes do anime e tal.
Pra facer esta retrospectiva apoieime na información que me proporcionou a wikipedia en inglés polo que poño o link de cada ano . Comecemos!
1980:
http://en.wikipedia.org/wiki/Category:1980_anime_television_series
A verdade é que apenas coñezo animes que saíron en 1980. Concretamente só coñezo dous títulos: Ashita no Joe , un manga de boxeo,  e AstroBoy, que contou cun remake ese ano.
1981:
http://en.wikipedia.org/wiki/Category:1981_anime_television_series
Neste ano xa hai varios títulos recoñecíbeis: Dr. Slump, obra coa que Akira Toriyama comezou a ser famoso, Ninja Hatori-kun, anime que foi emitido no Xabarín Club(E noutras cadeas despois ) de corte cómico kodomo e Urusei Yatsura, o primeiro éxito de Rumiko Takahashi, cuxa obra máix coñecida é Ranma 1/2 .
1982:
http://en.wikipedia.org/wiki/Category:1982_anime_television_series
Deste ano coñezo un par de animes: Cobra, un anime adaptado dun manga que foi bastante famoso no boom dos chamados "space opera" e Maya de Honey-Bee, máis coñecido como a abella Maia! Se non o primeiro, probábelmente fóse dos primeiros animes que vin , se o vexo hoxe en día probábelmente me aburra pero cando o vin a primeira vez recordo que me encantou XD. Ademáis, hai algo que debo recoñecer, realmente era educativo, non coma moitas cousas de hoxe en día.
1983:
http://en.wikipedia.org/wiki/Category:1983_anime_television_series
Deste ano coñezo varios anime: Around the world with Willy Fog, que recordo velo na tele(creo que na 2), Kinnikuman, anime que adapta un manga de loita libre moi famoso que foi publicado Weekly Shonen Jump e Captain Tsubasa, máis coñecido como Óliver e Benji! e España.  Este último marcou tendencia, realmente foi un hito na época, tódolos nenos da escola á que eu ía vían o anime e nos recreos imitíabamos o tiro dinámico ou o do tigre con máis ou (coma no meu caso XD ) menos atino.
1984:
http://en.wikipedia.org/wiki/Category:1984_anime_television_series
Deste ano coñezo(de oídas) varios títulos: Lupin III, que conta a historia dun ladrón,  Fist of the Nort Star, mítico manga ambientado nun universo postapocalíptico de pelexas e gangs que moitas veces é definido como "the manliest ever" e un que segundo eu recordo emitírono na tele chamado Sherlock Hound, que ía de Sherlock Holmes pero, tal e como indica, o seu título tódolos personaxes eran cadelos.
1985:
http://en.wikipedia.org/wiki/Category:1985_anime_television_series
Deste ano a verdade o único que me soa é un anime de Gundam, mítica saga de animes de mechas que dura ata hoxe en día.
1986:
http://en.wikipedia.org/wiki/Category:1986_anime_television_series
Aparte doutros anime de Gundam, hai tres anime que sí coñezo (e vin) que saíron neste ano. Primeiro , Maison Ikkokku, a segunda incursión no anime de Rumiko Takahashi, Saint Seya, máis coñecido en España coma os Cabaleiros do Zodíaco, mítico anime shonen que foi un dos máis seguidos en , tanto en España coma noutros páises fóra de Xapón, que contribuíu a expandir o anime en toda Europa e Estados Unidos. Falta o terceiro, pra moitos o mellor anime de tódolos tempos, pra outros moi sobrevalorado , pero pra todos un antes e un despois na historia do anime. Así, o nome deste anime era..Dragon ball! , coñecido como Bola de Dragón, todavía recordo a primeira vez que o vin no Xabarín Club. Anime shonen de pelexas por excelencia, a súa gran cantidade de capítulos e a súa trama (que enganchaba) fixeron que se convertera nun dos animes máis vistos de tódolos tempos e no maior éxito da historia da Weekly Shonen Jump, que hoxe en día segue sen ser superado. Dragon Ball foi o único anime que vin como 4 ou 5 veces enteiro e aínda hoxe , cando o botan na TVG, a pesar de que xa aburre despois de tanto tempo XD, segue a ter algo que fai que non cambies de canal os 5 primeiros minutos polo menos.
1987:
http://en.wikipedia.org/wiki/Category:1987_anime_television_series
Deste ano...realmente non coñezo nada XD. Que me soen , continuou o anime de Fist of the North Star . Parece ser que houbo un anime de Hello Kitty. Non, grazas XD
1988:
http://en.wikipedia.org/wiki/Category:1988_anime_television_series
Outro ano do que non coñezo nada, de feito deste ano non me soa nada XD, teño que poñerme e ver algún anime dese ano, senón isto non pode ser XD.
1989:
http://en.wikipedia.org/wiki/Category:1989_anime_television_series
Deste ano sí coñezo cousas por fin XD: seguía Dragon Ball, que destes alturas xa debían de ir polo Z  , Ranma 1/2, anime altamente recomendado se non vistes, cuxo manga orixinal foi debuxado por Rumiko Takahashi que se converteu nun icono dentro do xénero gender bender, e The new adventures of Kimba the white Lion, continuación dun anime dos 50 que se di que serviu de inspiración prá película "O rei león". Realmente creo que foi algo máis que inspiración XD, aquí un vídeo que os compara  pra que xuzguedes:



Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //