Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 14 de decembro de 2013


Pois si que pasou tempo, non? Hoxe, 14/12 é o cuarto aniversario do blog, o cuarto aniversario dende que entrei no ciberespacio e decidín seguir un pouco iso da Web 2.0 (Facer contidos, non só disfrutalos).
As visitas ultimamente son moito menos que no seu punto álxido, pero supoño que é normal , dado que a publicación de contidos espáciase no tempo demasiado, aínda que nalgunha semana haxa dúas e ata tres entradas.
Non creo que a miña forma de escribir cambiase demasiado neste catro anos pero sí é certo que pasei de escribir ao chou e decidín ter polo menos unha estrutura nos meus post. Relacionado con isto é que paulatinamente aumentei as cousas das que falaba polo que agora falo de libros, manga,videoxogos, anime e cousas relacionadas con ese mundo.
É curioso que teña moitas visitas debido a páxinas que non dou aberto porque o meu antivirus considera que son perigosas....(O señor Stallman pode estar tranquilo, teño un ordeador con Trisquel tamén XD) . Non é que me importe pero é un dato curioso que axudou a este blog a acadar as súas máis de 40000 visitas, que sí, serán poucas, pero creo que se temos en conta que o 99% do blog está escrito en galego e non é nada coñecido é un número moi respetábel(Dixo o autor co peito "enchido" XD)
O certo é que ninguén comenta nunca entón non sei canta xente le o blog realmente. Se con dicir isto consegue aumentar o número de comentarios entón é que o número de persoas que le isto é moito maior do que eu pensaba XD
E bueno, isto é basicamente todo o que quería dicir nesta entrada. Podedes estar tranquil@s, hai OGSN pra moito tempo aínda!

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //