Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 21 de setembro de 2014

#manga #anime #ogsn

Ola! Hoxe traio un manga de xénero slice of life e maiormente comedia, con toques de romance shonen, aínda que non harem. Trátase de Yankee-kun to Megane-chan, mencionado xa no post sobre os mangas de Yankees, do mesmo mangaka que está a publicar actualmente o manga de Yamada e as sete bruxas. Imos co argumento!




Neste manga cóntase a vidadunha serie de rapaces de istituto xaponeses, dende que comezan os seus estudos ata que conseguen entrar na universidade. 
Principalmente explórase a relación entre Daichi Shinagawa e Hana Adachi, dúas persoas de caracter moi diferente. Mentres que Shinagawa é un delincuente que non ten demasiado interese en rematar o istituto Adachi é unha rapaza modelo, de gafas(Dahí o de megane). Sen embargo,  Adachi resulta ser máis ben parva e o aspecto de rapaza modelo é só unha fachada para desfrutar das súa vida escolar e deixar atrás o seu pasado como delincuente. Ao descubrir esta información, Daichi decide deixar esa vida e xunto con Adachi deciden desfrutar da súa vida no istituto.
Ademáis dos dous principais hai un gran número de secundarios que seguen, en certo xeito, o esquema de "parece pero non é": un tipo que ten cara de tipo chunguísimo pero é terríbelmente cobarde e amábel, unha rapaza super guapa que resulta ser moi insegura.....
Basicamente, a liña argumental desenvólvese con historias que non teñen nada que ver unhas coas outras e o que se busca e centrarse nos personaxes, non nunha historia xeral. Relacionado con isto está o feito de que un dos puntos fortes do manga é a evolución que sofren os personaxes ao longo da historia, dado que maduran e sofren un verdadeiro cambio.
Respeito do final da historia,e aquí veñen SPOILERS, obviamente, é epicamente malo, porque é un final aberto e odio os finais abertos XD. Non, agora en serio, mentres que ao personaxe de Daichi se lle proporciona un certo "peche" , ao igual que ao resto dos secundarios, a Adachi, quen desaparece durante o último treito do manga, non se lle da a conclusión adecuada e a historia remata con Daichi de profesor nun istituto no que Adachi vai, dado que esta resulta que nunca se graduou. Deduzo que pretendía ser un final sorprendente e gracioso, pero só me quedo co de sorprendente, iso non llo quito.


Poderíamos encadrar o manga dentro do xénero cómico dado que a premisa principal da maioría das historias é facer rir, cousa que fai bastante ben durante uns 2/3 da historia, momento no que decide pasar a unha vertente máis seria, decisión que lle fixo perder bastante a súa esencia e calidade(Aínda que dito paso era , en certo modo, necesario , para finalizar a historia).

En conclusión, é unha historia bastante interesante, que perde bastante no seu treito final pero que aínda así é disfrutábel. Se vos gusta podedes ler Yamada e as Sete Bruxas , dado que se desenrola no mesmo universo aínda que con outros personaxes.


Nota:7.75



Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //