Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 18 de abril de 2010


Noir.... Desde a noite do destino a través dos tempos, as doncelas de mans negras que protexen a paz do recén nados.....
Ben, despois desta metadónika introducción(Isto NON é publicidade xDDDDDDD) comezan tódolos capítulos de Noir, un anime de 2001(xa doblado ao castelán) que acabo de rematar. Nesta época o fanservice non era un elemento imprescindible en tódolos animes e algunhas veces había produtos de calidade. Este é un caso diso.
TRAMA 
A trama é bastante interesante, vai dun par de asasinas profesionais , unha Xaponesa chamada Kirika e outra Francesa chamada Mireille, e dos traballos que fan. Ben, certamente só con isto xa tería atractico pero para min o elemento máis importante da serie, e o que máis se explota cara o final, é descubrir o pasado de Kirika , xa que ela perdeu a memoria e ao comezo da serie acude a Mireille para que lle axude a recuperala.A trama certamente non é de cara ao gran público, a medida que avanza este anime achégasenos o aspecto psicolóxico do spersonaxes máis que as propias batallas en si, é dicir, hai loitas e asasinatos(que asasinas serían se non os houbese) pero mostra o carácter das protagonistas, como non sempre se pode ser un asasino a sangue fría, sen sentimentos.
Afonda tamén na política, hai unha organización chamada Les Soldats que son os que secretamente son os donos do mundo, as súas redes chegan a tódolos lugares. Outro compoñente relacionado con isto son algúns asasinatos que levan a cabo coma os de dictadores, presidentes ou altos cargos. Certamente cos dictadores normalmente non teñen dúbidas, pero sempre lles queda iso de e a súa familia? que pensarán? O anime xoga moito con este sentimento ambivalente que chamamos xustiza, plantexando cuestións coma a de se se pode escapar do pasado dedícandose a arranxar os nosos erros.
ANIMACIÓN
A animación non lle podes pedir que sexa HQ porque a serie é dos 2001, a ver. Pero bueno, é boa, o deseño de personaxes é moi bo e non floxea por momenos coma noutros animes máis recentes. Teñen os trazos moi marcados e as féminas son dunhas proporcións máis ou menos realistas, o que se agradece.Tamén compre sinalar o esforo que se fixo no debuxo para adaptar diferentes cidades, desde NY ata Hong Kong , poñendo moita atención en pequenos detalles coma nas beirarrúas ou nos vehículos. Punto a favor por isto. Sen embargo, hai un detalle do anime que para min réstalle realismo: non hai sangue. Si, nun anime de asasinatos non hai sangue. A ver, vale que esté censurado, vale que o combate esté moi estilizado pero é que as persoas temos sangue!É dicir, se a alguén lle raxan o pescozo cun coitelo, non é normal que se desplome sen sangrar nada. Por momentos parece que en vez de persoas son muñecos o que está matando e iso non mola nada.
PERSONAXES
Dentro do ámbito dos personaxes podemos destacar ás dúas protagonistas. Mireille Bouquet é a mellor asasina profesional do mundo . É unha rubia nada en Córcega pero que agora vive en París. Cando era pequena os seus pais foron asasinados e iso marcouna profundamente.
Kirika Yumura é a compañeira de Mireille, e ámbalas dúas xuntas forman Noir. Ceramente Kirika é unha rapaza de 17 anos(??) que ten unhas habliidades para asasinar excepcionais pero que non recorda quen é. Así,  é capaz de percibir a pressenza das persoas case sen oilas, non necesita nen velas i é capaz de asasinar con case calquera cousa, desde un carné ata unha pistola. É moi fría aínda que despois vólvese un pouco máis humana. Como terceiro personzaxe podemos citar a Cloe, que se presenta coma a auténtica Noir. É unha servinte dunha facción de Les Soldats i é extremadamente destra asasinando, é tan boa coma Kirika e só usa armas brancas.Ten unha axilidade moi boa.
BANDA SONORA
Con respecto á banda sonora, as palabras boas que puidese dicir quedarían curtas. É sublime, no seu conxunto, a mellor banda sonora de anime que levo escoitado. Ten unha mestura de temas de canto gregoriano, techno, folk, jazz, e música instrumental que fan de cada melodía un pracer para os oidos e certamente fan mellorar a serie moito, axudan a percibir as escenas dun xeito diferente, dándolle moita máis emotividade e forza ás mesmas.
CONCLUSIÓN
Os 26 capítulos son un número nin curto nin longo, aínda que teñño que admitir que a trama desenvólvese a contagotas e hai capítulos de recheo, pero ben feito, que se é así non me molesta. Noir é un bo anime cunha trama moi boa de traizóns, mentiras e secretos do pasado cunha banda sonora que merece a pena ter a parte. Eu recoméndoa.

Nota: 8.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //