Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 22 de abril de 2010


A este ritmo voume facer fanboy de J.C STAFF. Levo visto xa uns cantos traballos seus(Kaichou wa maid -sama, zero no tsuaima, maburaho, shakugan no shana, to aru kagaku no railgun, to aru majutsu n o index) e a verdade é que son un estudo que fai bos animes.Pero este post non é para tratar este tema, é para falar da temporada 1 de Shakugan no Shana que acabo de rematar. Todo o mundo falaba de Shana Shana por aquí, Shana por alá, así que decidín vela. Sen máis dilación e logo desta pequena barallada introductoria vamos ao argumento.
ARGUMENTO
Shana trata da historia dun rapaz chamado Sakai Yuuji, que un día descobre que morru longo tempo atrás e que agora non é máis que unha antorcha, unha antorcha cos restos da súa pasada existencia. Comunícallo a cazadora de ollos e pelo chameantes(Skakugan no Shana) Shana, cuxo compañeiro que se comunica con ela cun colgante é Alastor, a chama do ceo. Yuuji ao comezo ponse moi triste, xa que tódalas chamas acaban por desaparecer pronto pero cambia a súa actitude e decide facer ago na vida. Así, transcorre o tempo ata que só lle queda un pouco d epoder de existencia , pero en lugar de desaparecer non o fai, xa que ten un Hougu no seu interior(Reiji Maigo), unha especie de don , que fai que a súa chama se rexenere completamente na medianoite, prolongando así a súa existencia indefinidamente.A serie mestura aspectos de maxia fantasía(o tema das chamas que desaparecen e que son reemplpazos das persoas para manter o equilibrio moloume) e slice of life, que sería algo así como a vida diaria, neste caso nun instituto cos seus amores e desamores.
PERSONAXES 
Con respecto aos personaxes podeos aropar dous principais claramente diferenciados: Sakai Yuuji, co seu Reiji Maigo, e Shana, a neblina chameante de ollos e cabelo vermellos. Yuuji é o típico rapaz bo da historia, prototipo, moi esterotipado, Shana sen embargo non é a típica rapaza boa, un aspecto importante é que aquí ódalas heroinas (as máis poderosas vamos ) son mulleres, e Yuuji e ooutros homes son moi débiles.
A parte dos protagonistas, hai un longo elenco de secundarios, Neblinas de chama coma Whilemina ou Marjorie e compañeiros de clase de Sakkai. Tamén failiares de Saai e de Shana
Por outra banda hai pesonaxes dentro do bando dos malos que teñen relativa importancia xa que non son flor dun día, como poden ser os integrantes de Bal le Masque, unha organización criminal de Tomogara. E que son os Tomogara? Pois uns seres malvados de aspecto humano que se dedican a comer o poder de existencia das persoas : a misión das Blame Hazers(é que había que poñelo, mólame a palabra pronunciada en xaponés) é destruilas.
ANIMACIÓN
En canto á animación estamos ante un producto notable, con maxias espectaculares e sen floxear por moemntos, dando importanca aos detalles e non só ás xeralidades. Hai animacións moi boas , e por o menos non ten censura(o que eu vin) se a alguén lle clavan unha espada , sangra, e iso dalle realismo.
BANDA SONORA
A banda sonora é boa, "cadra", aínda que é un pouco repetitiva e segue o estilo de outros animes da mesma temática, e normal, tampouco se lle pide o contrario.
CONCLUSIÓN
En conclusión, dicir que Shana é un desse animes qu todo o mundo debería ver, ten grandes doses de acción e maxia, unha duración nada desdeñábel(24) , ademáis de que ten máis temporadas o que lle da unha profundiade á historia moi boa e cunha calidade de animación notable. Se estás buscando nu novo anime que ver, non o penses máis, Shana.

Nota: 7.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //