Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 6 de xullo de 2010



NOME: King of thorn(いばらの王 Ibara no Ō)
STATUS: finalizada
ANO INICIO: 2002
ANO FINALIZACIÓN : 2005
NºCAPS: 36
TRADUCIDA:Si
XÉNERO: seinen, sci-fi, survival horror, futurista

Había ben tempo que non lía un manga tan bo, un imprescindíbel. É coma ler a Asimov ou a Michael Criton pero en manga.Vale, ao mellor esaxero un pouco pero esa é máis ou menos a filosofía do asunto.
Estamos aqui ante un producto tremendamente bo, cun argumento moi bo de partida e que o leva be durante todo o manga e cun final bo.
Así, este manga conta a historia dunha serie de persoas que despertan no futuro das súas cápsulas crioxénicas. Non se sabe canto tempo pasou, pero está claro que as cousas xa non son como eran xa que hai monstros con forma de dinosauros xigantescos e xigantescas enredadeiras por todo o lugar.Ademáis, está o problema de que todos eles teñen medusa, unha enfermidade que pouco a pouco vai minando o corpo ata que o afectado morre petrificado.
Este manga vai da súa carreira por lograr escapar das instalacións antes de morrer por medusa sendo así unha carreira frenética cara o descoñecido.
O diseño de personaxes(artístico) é bo, son personaxes de proporcións e rasgos realistas o que axuda a dar vericidade á historia.Ademáis, se nos centramos na psicoloxía, son complexos psicoloxicamente, aínda que hai que recoñecer que debido a que o manga non é moi longo non se explora demasiado no aspecto dos secundarios e céntrase nos principais.
O debuxo é brillante, os monstros son incriblemente molóns e pódese recoñecer facilmente que o autor tentou deuxalos con formas similares a dinosauros. Ademáis, ten moitos detalles , sobre todo nos escenarios, o que crea unha sensación de claustrofobia nos protagonistas.
Moi boa obra para ler.



English Version(online): http://www.mangafox.com/manga/king_of_thorn/
Versión en español : http://www.mcanime.net/descarga_directa/manga/detalle/utopia_king_of_thorns_vol_66_completo/12230

Nota: 9

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //