Newest Post

// Posted by :OGSN // On :mércores, 30 de xuño de 2010

Latidos de Anxo foi o meu anime favorito da tempada. Se pensas un pouco sobre o título xa te spoileas sobre o final pero é mellor non espoilear. Key(estudo famoso polas súas novelas gráficas) fixo este anime que acaba de rematar dunha histoira completamente orixinal, aínda que agora estase a producir un manga precuela e unha light novel.Moita xente di: "boa idea, mal prantexamento".Vale que teña moitos plot-holes, que algúns caps sexan mediocres e que a súa duración deixe unha sensación de que se contan demsiadas cousas en moi pouco tempo.Pero para min é unha moi bos historia que se debería ver.Así, o argumento:
ARGUMENTO:
Este anime conta a historia dunha serie de personaxes que se atopan nun mundo que non sabemos onde están. A prticularidade é que todos eles saben que están mortos(recordan como morreron) e supoñen que están nese mundo para cumplir as metas que non puideron cumprir en vida. Así, cando cumpren as metas desaparecen. Isto soa moi idílico, pero os protagonistas néganse a desaparecer e fan unha guerra contra Deus.
Para axudar a manter a orde está a tenshi(anxo), un anxo que ten unhas armas moi poderosas e que é practicamente imposíbel de danar.
Compre salientar que están nun instituto ficiticio, e para non desaparecer non teñen que seguir a vida dun estudante normal, senón dedicarse a montala en clase e en definitiva nunca nunca obedecer á autoridade.Eles non están sós nese mundo, hai xente coma eles que morreu e non puido atopar a paz e hai outra xente que son os chamados NPCs(Non playable Characteres), que son persoas que son coma robots, inexpresivas, sen sentimentos, que só están para facer bulto nesta especie de purgatorio.
Outra cuestión interesante é que o tempo é relativo, eles no envellecen e ademáis como xa están mortos se os asasinan resucitan ao cabo de poucos minutos aínda que sinten a dor.
Non están indefensos  xa que con barro,  a xente que en vida sabía , poden fabricar armas e outro tipo de utensilios só con imaxinalo.
A vida dos personaxes antes de morrer coñecémola a través de flash-backs , son moi interesanes e dos mellores momentos da serie aínda que quedaron moitos personaxes sen flash-back.
O argumento sen dúbida é o punto forte, pero sen dúbida a medida que avanza a serie hai demasiados plot-holes(temos moi pouca información e non se contestan a maioría das preguntas)ademáis de que o final é moi moi predecíbel case que desde o cap1 o que lle resta espectacularidade aínda que ese estilo tan "lost" aquí certamente queda moi ben. Vai haber unha OVA a finais de ano que espero con ansias para coñecer o epílogo.
PERSONAXES:
Otonashi: protagonista indiscutíbel da historia. É o último en chegar á fronte de guerra e unirse á rebelión contra tenshi. É un personaxe moi caraismático é que pensa coa cabeza. O seu carácter é sen dúbida o de axudar sempre aos demais e usar a súa vida con ese propósito.  Ten dous flash-back, o primeiro está bastante ben pero o segundo probábelmente sexa o segundo mellor cap da serie despois do final para min.
Yurippe: a xefa indiscutible da fronte de guerra. Ten un carácter fortemente autoritario e todos lle teñen respeito.
Ten un parecido físico a Haruhi Suzumiya máis que evidente aínda que se esquece logo dada a radical diferenza de personalidade.É un personaxe tremendamente seria, que ten moi clara cal é a súa misión e que non é fácil que consiga o seu soño na vida.A súa historia en vida é certamente tráxica.
Hinata: o segundo membro da fronte de guerra e quen o fundou xunto con Yuri. É un tipo moi amable e chistoso que se fai amigo de Otonashi rapidamente e busca sempre o seu respeito e a súa aprobación.
Kanade Tachibana : a tenshi. É un alumna máis do instituto i é unha membro do consello estudiantil. Certamente é unha personaxe mala ao comezo pero logo evoluciona. Se digo como sería un mega-spoiler.
Yui: unha persnaxe certamente graciosa que substitúe a Iwasawa como cantante de Dead Girls Monster e que certamente parece estúpida por momentos. Ten un pasado moi triste.
Aparte destes hai moitos outros personaxes, especialmente hobéseme gustado ver o pasado de Matsushita 5ºdan ou de TK, ademáis do de Shiina ou Fujimaki, personaxes tremendamente carismáticos e que darían para moito máis do que deron.
BSO E ANIMACIÓN
É Kei...Está ben animado, moi ben animado por momentos aínda que non é o mellor traballo de Kei neste aspecto. As escenas de acción están moi ben pero non abundan demasiado e non son o denominador da serie.
A BSO é boa, moi boa ao meu entender xa que ten temas estilo baladas moi bos; se xa nos imos aos temas rítmicos e melódicos son os"míticos temas rítmicos con letras sen sentido que a todo o mundo lle gustan" pero a nim parécenme malos.
CONCLUSIÓN
O maior defecto de Angel Beats! é querer abarcar demasiado. Quere ser un drama, comedia, slice of life...e ao final non é nin un nin outro e convértese nunha mestura de xéneros que non leva a ningures. En xeral está ben, entretén e ten momentos épicos, pero podería haber dado un produto moito mellor do que deu. Ademáis , para min é o mellor da temporada. Ahí queda iso.

Nota: 8

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //