Newest Post

// Posted by :OGSN // On :mércores, 25 de maio de 2011


Nesta nova entrega de Manga sobre... tratarase o xénero dos cambios de idade máxica ou cientificamente no manga como tema principal na historia. Así, aquí van algúns exemplos:



FUSHIGI NA MELMO



Este manga conta a historia dunha rapaza que cunhas pastillas é capaz de volverse máis maior ou máis nova , o cal da lugar a unha serie de situacións graciosas . Posíbelmente sexa un dos primeiros exemplos deste tipo de manga(saíu en 1971) , tendo un debuxo de corte clásico, moi similar a Astroboy e cunha historia de corte clásico sen recurrir aos recursos que un está farto de ver no manga moderno.
A min particularmente resultoume aburrida despois de dous capítulos e o debuxo non me convenceu pero ten un estilo diferente, iso si.





OTONA NI NUTS

Historia de corte shojo con toques de comedia e vida escolar que conta a vida de certa rapaza pequena que se fai cunhas noces que lle permiten envellecer 10 anos ao tomalas!O efecto só é temporal pero aínda así namorarase dun home adulto e do seu amigo da infancia, un neno coma ela.
Realmente non supón nada novidoso, gracioso, ou interesante. Ten un pase, pero só para ler se non tes nada mellor que ler.





MAHOU TSUKAI KUROHIME

Este manga conta a historia dun mundo no que existen certas persoas capaces de disparar balas que están cargadas de maxia. Así, cando estas persoas salvan a un neno este decide converterse en pistoleiro e coñecelos algún día. Sen embargo, cando finalmente se reecontra coa súa salvadora daquel entón, non é a muller despanpanante que recorda senón unha pequena nena.
Realmente é un shonen ao uso, co acción, comedia , harem, ecchi..... Está bastante ben.







SAKURANBO SYNDROME

Esta historia vai sobre a existencia dunha enfermidade que fai que o corpo das persoas retroceda a unha idade cada vez anterior, ata chegar a desaparecer. Así, unha rapaza que toda a vida esperou para ser adulta e poder comezar unha nova vida ten esa enfermidade e remata convertida nunha versión máis nova de si mesma, facéndosa máis nova cada día.
A única maneira de evitar que siga facéndose máis nova é coa saliva dun certo home, ao que atopa a rapaza pero co que esta non contaba era con que este home tivese moza.
Así, este manga desenvolve de xeito bastante interesante drama , comedia , ecchi e sobre todo slice of life durante o seu recorrido, aínda que tamén trata temas "lolis".
Probábelmente sexa o mellor dos que hai aquí aínda que só lin dous 3 volumes porque a historia non me pareceu que avanzase a un ritmo adecuado e ademáis non me parece demasiado triángulo amoroso o que se monta entre un parella e unha muller coa apariencia dunha nena de primaria.





SUPER EXPRESS HIYOKKO

Conta a historia de certa rapaza que está namorada do mozo da súa irmá maior cando consegue depois dunha traxedia certo anel que lle permitirá convertirse en adulta, aínda que descubrirá que non todo son vantaxes ao ser un adulto.
Bueno, ten o seu pase pero nada máis.






SHIBARIYA KOMACHI

Conta a historia de certa rapaza que pode ver o fío vermello do destino na xente( na cultura xaponesa o red fate string  é un fío vermello que conecta a cada persoa coa súa alma xemelga) . Así, dedícase a ser conselleira amorosa pero todo cambiará cando esta rapaza de istituto vexa a súa apariencia cambiada á dúa nena de dez anos e tendo que exortizar demos para cambiar a súa apariencia.
Certamente é interesante debido aos casos que ten que resolver a protagonista e a que é bastante gracioso.







KIMAMA NI UPDOWN

O argumento é sospeitosamente parecido ao primeiro manga deste post: rapaza consegue píldoras que a fan parecer coma un muller adulta pero o efecto pásase ao pasar un tempo.
O debuxo é bastante mellor que no primeiro caso e dado que é un manga máis actual(1986 , sí, xa sei que segue sendo algo antigo xD) a trama está un pouco máis currada i é moito máis lible.
Bo manga.

Bueno, como conlusión, fáltame dicir que existen máis mangas do xénero como Ichininsei ni Nacchattara, o cal para min é intragábel, realmente malo xD, pero como é bastante famoso menciónoo xDD.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //