Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 20 de outubro de 2011

Gash Bell ten un algo que a pesar de ser un manga cun debuxo non demasiado brilante e unha historia bastante típica engancha. Ten un anime bastante ben levado que non cubre todo o manga pero conta unha boa parte del . Así, de que vai esta historia:
Suponse que cada moito tempo prodúcese unha guerra entre os chamados Mamodos, seres con forma humanoide con poderes que veñen ao mundo humano para loitar entre eles uns contra os outros ata que só quede un( Si, iso tamén saía nunha película XD). No mundo do que proveñen, os Mamodos poden usar os seus poderes como queiran pero no mundo humano necesitan que un humano lea os conxuros dun libro(cada Mamodo ten só un) de forma que ao ler diferentes conxuros o Mamodo poderá executar diferentes ataques. A forza dos mesmos dependerá da forza espiritual(algo así coma a vontade de loita) do compañeiro humano e da forza do propio Mamodo.
Así, a historia ten dous protagonista principais, que son Kijomaro, un rapaz de istituto que é un xenio pero non ten amigos dado que é moi frío e Zatchbell(Gash Bell en Xaponés) , un mamodo que pode lanzar conxuros eléctricos aínda que perdeu a memoria ao vir á Terra e non sabe acerca da guerra.
Como é lóxico en mangas deste tipo("shonen piños") Kijomaro e GashBell non poden usar todo o poder desde o principio e cada pouco tempo, de xeito un pouco "random" poden ler un pedazo máis do libro, o que constitúe un novo feitizo/maxia/ataque/chámalle x XD.
Tamén , como é normal neste tipo de mangas, Kijomaro ten amigos que o acompañan nas súas batallas e certo interese por unha rapaza, aínda que nada concreto. 

A historia ten moitos arcos de curta duración nos que Kijomaro e Zatch se cargan a algún Mamodo(un Mamodo perde cando o seu libro se queima ) ata que remata por aparecer certo Mamodo que controla psíquicamente á xente para que obedezan as súas ordes, algo imperdoábel(CLARAMENTE XD), polo que unha pequena "party" de Mamodos xunto cos humanos que poden ler cadanseu libro van loitar contra el. Logo disto ven un arco no que teñen que loitar contra o Mamodo máis poderoso de todos e aquí remata o anime. O manga aínda segue e dalle un verdadeiro final á historia(bo , non fai falla pensar moito para saber cal é XD )

Por momentos parece kodomo pero creo que se pode categorizar como shonen sen problemas pola súa violencia  e as súas esceas de acción.
Arriba dixen que o debuxo non era moi bo, certo, pero as batallas son simplemente flipantes. Teñen un epicidade tremenda e desprenden heroísmo por tódolos lados. Lógrase darlle proporcións épicas a unha batalla de dous personaxes de aspecto infantil e a dous humanos lendo un libro de conxuros.+1 Para o autor .

O anime segue bastante ao manga (o anime remata antes que o manga) a pesar de que ten máis capítulos de recheo e tal.... Curraron bastante na animación, dado que aínda que o deseño de personaxes non sexa o mellor as batallas están moi ben animadas e a BSO por momentos brila(contados , iso si.)

En resumo, é un manga que merece a pena ler, engancha bastante i é bastante longo(300+ caps) polo que se o que buscas é un shonen de batallas típico, cunha lonxitude elevada e boas batallas esta é unha boa/bo lectura/visionado.


Nota: 6.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //