Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 10 de decembro de 2013

#manga #anime #ogsn



Boas!Debido a diversas circunstancias non se publicou nada no blog ultimamente, pero tranquil@s, que esta semana retomarei o ritmo de publicación(E tentarei publicar outra entrada ademáis desta pra compensar a da semana pasada(O resto das que faltan....xa se tal XD)). O caso é que hoxe vou falar da esperada peli de To aru majutsu no index(Podedes ver a sinopse de tódalas tempadas en entradas pasadas) chamada Endymion no Kiseki(Segundo wikipedia, Miracle of Endymion). Debo dicir que a min non me soen gustar as pelis de animes en curso, porque á fin e ó cabo son recheo, entretemento momentáneo pra aliviar a espera das novas tempadas. Esta peli segue ese patrón pero a trama é suficientemente sólida pra ser disfrutábel e manter a esencia do anime. Así, de que vai?


A historia vai do Endymion, un ascensor que xando comeza a trama vai ser inaugurado. Dito ascensor ten a peculiaridade de que chega ata o espacio, o que o converte no maior ascensor xamais creado.Dito ascensor é o orgullo de Cidade Academia e os protagonisgas, Touma e Index están bastante intrigados por saber que vai saír dahí.
De xeito paralelo Touma e Index coñecen a Meigo Arisa, unha level 0 e posíbel interés romántico de Touma que é moi simpática e ten unha voz prodixiosa. Tan prodixiosa que a pesar de dedicarse ao negocio da música en modo "amateur" consegue un contrato pra grabar un CD e actuar na inauguración do ascensor en moi pouco tempo, algo que supón un ascenso meteórico na súa carreira.
Sen embargo, non todo son rosas na vida de Meigo Arisa e os vellos compañeiros de Touma, os magos, deciden que Arisa é unha ameaza e que ten que ser eliminada , algo que provoca unha guerra entre os magos e un corpo de forzas especiais de Cidade Academia. Como se resolverá o conflicto?Cal será a importancia do ascensor? As respostas a estas preguntas atoparalas na peli!

Agora é posíbel que haxa SPOILERS , así que se non queredes enterarvos de nada saltade ata o párrafo da conclusión(o último do post).
O argumento ten un estilo de ciencia-ficción bastante marcado , moito máis do que a serie orixinal acostuma a facer, algo que non é malo e que a min me gustou bastante. Así, constrúese unha trama que, aínda que chegados a certo punto predecíbel, consegue entreter e non aburrir demasiado. Isto débese á abundancia de coloridas e abundantes esceas de acción que hai en todo o filme, moi espectaculares .
Se falamos da banda sonora...non sei, non son moito de música xaponesa e se temos en conta que o filme se sustenta sobre as cancións dunha "idol"....non me gustou, salvo algún tema instrumental illado.


En conlusión, é un filme que é mellor do que eu me esperaba, con ritmo adecuado e unha historia que podería cadrar nun arco arco argumental da historia principal. Notábel .



Nota: 7.5


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //