Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 23 de novembro de 2013

#manga #anime #ogsn
Samurai Warriors 3.jpg
Boas! Hoxe falaremos de Samurai Warriors 3, un xogo pra wii practicamente infinito(despois explico o motivo de tal afirmación) que é un spin-off do Dynasty Warriors , só que neste caso vai da historia xaponesa.

Atópamonos no período Edo, cando as loitas pola supremacía do máis forte están á orde do día en Xapón. Asi,o xogo ponnos no papel de varios xenerais, soldados e outr@s membros de diversos exércitos que loitaron en batallas épicas. 
Por facer un pouco unha liña de tempo digamos que , ao comezo, estaban Uesugi Kenshin (Alcumado "God of war") , Ujihatsu Hojo e Shingen Takeda .Estes tres eran os Daimios máis poderosos do lugar e estaba sempre en guerra, pero digamos que se respeitaban e a cousas non pasaba de pequenas confrontacións. Sen embargo, Oda Nobunaga(Do que xa falei nun post, se recordades), decidiu conquistar todo Xapón polo que enfrontouse a ditos daimios. Unha vez que Oda Nobunaga morreu sucedérono Ieyasu Tokugawa e Hidoyoshi Toyotomi(Non recordo exactamente a orde).
O párrafo anterior di un pouco a liña temporal central, pero tendo en conta o monte de personaxes que hai, podedes estar seguros de que a cousas non remata ahí, isto é, pra facer o título máis interesante, "cámbiase a historia" e certos personaxes que na realidade non se comeron nada chega ao poder e similares.

Respeito do GAMEPLAY podo dicir que é un xogo moi simple, pegas con dous botóns: o botón de ataque normal(Botón A no mando no wiimote) e botón de ataque forte(Flecha abaixo no wiimote). Pra facer combos combinas os dous botóns , a medida que subes de nivel aprender máis combos de máis ou menos golpes.
Non quero dicir que o xogo se basee só en atacar ,dado que tes un botón de ataque especial(O "-" do wiimote, vital con algúns personaxes, inútil noutros), pódese protexer e podes tirarse ao chan pra esquivar algo.
Pra moverte podes facelo a pé co nunchaku ou montar nun cabalo e ir notábelmente máis rápido(Hai varios cabalos e a velocidade varia duns a outros).
O xogo ten algúns elementos de rol no senso de que o personaxes poden ser equipados con armas e armaduras varias que conseguiremos nas misións, a maior nivel de dificultade da partida mellores ítems, e antes e durante a partida poderemos recoller ítems que nos den vida, aumenten a nosa velocidade, defense, poder de ataque....
Aparte do modo Historia de cada personaxe hai máis modos de xogo. Está o Castelo Murasame(Homenaxe a un xogo da vella escola) onde manexamos a Takamaru ou a un personaxe dos do modo historia . É un modo moi arcade , cun só obxectivo fixo, tipo, chega ao final ou non deixas que maten a X antes de tal tempo. Ten a súa graza por esa sensación de "vella escola", ademáis de que os seus tres niveis secretos e os últimos niveis deste modo son realmente complicados incluso sen tes ao teu personaxe "chetado".
Aparte do modo do Castelo Murasame está unha especie de modo "Historia de Xapón" onde a medida que acabas o modo Historia de personaxes desbloquéanse batalles, reais ou ficticias, e elixes o bando no que loitar. O gameplay é igual que no modo Historia de cada personaxe, tes unha serie de obxectivos principais e unha serie de obxectivos secundarios, aínda que se o único que che importa é gañar o non conseguir armas ou ítems podes centrarse en cumprir o obxectivo de "gañado de fase" que soe ser "mata a tal fulano" XD.
Se falamos de que tipo de personaxes hai hainos de tódolos tipos que unha poida imaxinar e a pesar de que o xogo é simple en canto a xogabilidade hai tres tipos de personaxes e incluso dentro de cada tipo os personaxes teñen diferenzas entre sí.Os tres tipos de personaxes son velocidade(Rápidos pero débiles, tanto en vida como en defensa e ataque), equilibrados e fortes(Lentos pero fortes en defensa e ataque). Cada unha ten as súas vantaxes e inconvintes e se podes elexir libremente(Por exemplo no castelo Murasame) pra algunhas misións preferirás usar a certos personaxes e noutras a outros.Isto está relacionado con que hai armas de tódolos tipos : arcos-espada, espadas, hachas, katanas, escudos, hachas, mazas, orbes máxicos(Por chamarlle algo XD), látigos, bastóns, guitarras(Ou similares XD)....

Por último explicarei o motivo da duración case infinita deste xogo. Teñamos en conta que, se queremos pasarnos o modo historia de cada un dos personaxes(Uns 39, depende de se te descargas DLCs que hai con máis personaxes), cada personaxe ten 5 fases, cada fase mínimo media hora(A última ou as dúas últimas nalgúns casos 1 hora) podemos concluír que, se tomamos como media que cada personaxe leva 2.5 horas (o modo historia) : 39*2.5= 97.5 , aprox 100 , por redondear. Logo engádelle outras 30-50 pra acabarte o modo historia de Xapón e outras 20-30 pra acabarte o Castelo Murasame, así que en total a duración vaise ás 200 horas aprox!


Aquí remata a review, espero que vos gustase. Abur!

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //