Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 30 de maio de 2011


Bueno, aquí comento este anime que fai moitas referencias á relixión cristiá (maiormente erróneas) e que ten un aire a outros como hellsing. Así, de que vai?
ARGUMENTO

Basicamente, conta a historia dunha rapaza chamada Rosette , que é un monxa pertencente á orde de Magdala e que se dedica a erradicar demos xunto con Chrno, un demo. 
Rosette e Chrono coñécense desde que Rosette era unha nena e cada vez que Rossette libera o selo do seu peito para que Chrno libere o seu poder ao máximo a súa esperanza de vida redúcese.
O irmán de Rosette, Joshua, foi raptado por un demo moi poderoso chamado Aion: esa é a razón de que se meta na Orde de Magdala e comece a conseguir pistas para conseguir ao seu irmán.
No transcurso da serie e logo de coñecer a varios personaxes descóbrese que o tal Aion está vivo e quere secuestrar aos "apóstolos" para aproveitarse deles. Cómpre dicir que o concept de "apóstolo" neste anime refírese a unha especie de rencarnación de persoas da idade antiga (ben apóstolos ou non) que teñen poderes , como por exemplo o poder de curación. 
Así, Chrono e Rossette teñen que evitar que Aion rapte a tódolos apóstolos para salvar o mundo e de paso atopar ao irmán de Rossete, a quen Aion ten secuestrado.
A serie a nivel argumental ten o seu pase se te imaxinas que se trata dunha trama imaxinaria e non te paras a mirar que tódalas referencias que fai sexan correctas( soe pasar moito que se trata dun modo bastante inxusto á relixión cristiá , adaptándoa como lle conveña ao diretor do anime xD) e o tratas como un anime shonen con toques de acción está bastante ben, a pesar de que ten capítulos fillers horrendos que fan perder o ritmo totalmente.
O ambiente é moi escuro ao igual que o argumento. Podíase pensar que ao tratarse de algo shonen non sería tanto así , pero neste aspecto achégase a algo máis seinen.
Se falamos do final do anime, que para min é un dos seus puntos fortes(non lin o manga así que non podo dicir como é o final do mesmo) , é .... bueno, a min particularmente non me gustou. Clicka no botón mostrarpara velo.


A ver, unha cousa é un final triste... pero outra cousa e isto ! Os dous personaxes principais, Chrono e Rosette morren agarrados da man , en soidade , unha escea bonita, sí. Pero é que a pesar dese sacrificio que provocou lágrimas incontrolábeis nos fans(só ao nivel de clanad after story) o vilán do anime Aion, non morre. Realmente pareceume un final estúpido, é dicir, tanta historia para que á fin morran os protagonistas e o malo sobreviva? Bueno, está claro que é unha opción pero non é a opción que a min máis me gusta xD. Agora pódese ver o vídeo neste link: http://www.youtube.com/embed/NbjjOEeWXlk?









PERSONAXES


Hai un elenco bastante amplo de personaxes. Os principais son:
-Rossette: é a protagonista feminina da historia. É altamente tsundere e as súas proporcións son lixeiramente diferentes no anime e no manga. 
De pequena tivo unha experienca traumática a raíz da cal acabou como monxa, polo que a súa personalidade é bastante "impositiva" .
A súa arma é unha pistola que pode disparar balas máxicas que lle permiten matar aos demos.
É moi mala conductora i é moi patosa.
-Chrno: protagonista masculino da historia. É un demo que perdeu o seu poder e cambiou a súa forma a unha bastante humanoide.
A súa personalidade é a dun humano normal, preocupándose polos demáis o que pode chocar tendo en conta que el é un demo.

-Aion: demo ultrapoderoso que é o antagonista principal da historia.
A súa personalidade é moi fría e calculadora, sen apenas mostrar emocións e sen importarlle sacrificar nada con tal de conseguir os seus fins.
-Satella: maga que usa unhas xemas máxicas para executar os seus feitizos.
É unha muller moi guapa e refinada, que vive nunha luxosa casa e cecáis ten algo de actitude tsundere cando está con Rosette, a quen considera moi pouco feminina(con razón).
-Remington: ministro que é o amor platónico de Rosette. Así, é membro dunha organización secreta relacionada coa de Rosette tamén dedicada a matar demos.
A súa personalidade é moi bondadosa e comprensiva.
Hai máis que son importantes pero poñelos aquí sería spoilear . 







ANIMACIÓN E BSO


Está ben, no hai así baixóns de frames importantes e as esceas de acción son vistosas. 
O deseño de personaxes é bo, detallado, aínda que cecais peque de orientarse demasiado ao fanservice, como no caso de Rosette, que no anime ten moito máis peito que no manga.
A pesar de que o fanservice non é un denominador, haino, aínda que moi escasamente e sen ter importancia na trama .
Se falamos da BSO creo que é normalciña. Non ten así ningún tema espectacular e nas esceas de acción cecáis podería dar moito máis de sí. Nin o opening nin o ending me gustaron realmente.
Chrono-Crusade-79452.jpg




CONCLUSIÓN


Se deixamos a parte o fiel que poida ser á realidade, Chrno Crusade é un anime que se deixa ver bastante ben debido ao seu argumento enrevesado e porque recorda a outros como Hellsing. Non esperes unha BSO brilante aínda que pola contra a animación é moi boa.
Non é o mellor producto que se pode atopar deste xénero pero se tivese que calificalo poñeríalle un ben xustiño. 





Nota: 6.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //