Newest Post
Son bastante fan do señor Mashima , dado que incluso adquirín algúns volumes debuxados polo mesmo fisicamente, algo que non fago frecuentemente. Non é o caso do que aquí comento XD.
O manga que aquí comento chámase Monster Soul e si, se liches Monster Hunter Orage atoparas moitas similitudes, sobre todo no deseño do cuarteto protagonista.Así, de que vai?
Esta é a historia dun grupo de monstros que son considerador os máis fortes dende a guerra contra os humanos. Así, nese grupo atopamos a Aki, un monstro con apariencia humana pero que se pode transformar nun monstro de clase S cando se cabrea(similar a Natsu de FT), James, que é un monstro da raza fránkenstein que ten un gag recurrente no que a cara se lle cae literalmente XD(similar ao tipo corpulento de Monster Hunter Orage), Touran, unha rapaza que é metade monstro metade humana e que pode controlar a area(similar ao deseño de wendy de FT e en personalidade a Lucy de FT) e a Mamii, de tipo momia, quen ten habilidades que consisten maiormente en controlar xigantescas vendas para infrinxir dano(similar a Erza de FT).
Así, ao longo de dous volumes(sí, é unha historia curta) os protagonistas combaten contra diferentes inimigos, cada un máis poderoso que o anterior e o manga remata cun final bastante....inconcluso , por dicilo así, se cadra propiciado pola falta de obxectivo claro na viaxe dos protagonistas.
Como conclusión, dicir que é un shonen bastante similar en prantexamento a outros traballos de Mashima como FT ou MHO , polo que se che gustan esas obras isto pode ser do teu agrado; se non as coñeces eu diría que é un shonen bastante simplón e curto aínda que cun bo deseño de personaxes.
Nota: 5
- Back to Home »
- Manga , Monster Soul , Nota entre 5 e 6 »
- Recomendación: Monster Soul