Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 18 de novembro de 2011



Este manga gustoume. E moito, a ser exactos. Sobre todo por facer que unha historia relativamente coñecida no mundo do manga( véxase a historia de un pai que se ten que que facer cargo da súa filla repetinamente) sexa moi interesante ao mesturar drama, comedia e slice of life facendo unha historia máis que boa. Así, de que vai?

Como adiantei na introducción, este manga conta a historia de certo asistente de mangaka chamado Kouta quen se atopa de socato con que se ten que facer cargo da súa filla Kanau, de 9 anos, dado que a nai desta ponse a viaxar polo mundo e a realizar diferentes traballos. Así, Kouta síntese desorientado e perdido nun comezo e non sabe como criar a unha meniña así e Kanau sente que sería mellor estar coa súa nai pero ámbolos dous medran psicolóxicamente ao longo da historia...
Gran parte do atractivo do manga son os seus secundarios. Un deles é  Taeko Morita, a "landlady" do bloque de apartamentos onde vive Kouta que ten 19 anos aínda que aparenta estar nos seus 20 e algo XD. Esta señorita SPOILER está casada cun home moito máis vello ca ela chamado Sousuke, un famoso mangaka que se fixo debuxante grazas a Taeko e que coidou dela desde que era unha nena".FIN_SPOILER . Recoñezo que o mangaka deixoume alucinado con ese xito argumental XD, xa que esa relación no se coñece ata ben avanzada a historia.
Logo está xente coma Hihiro Nitta, un hilarante personaxe que é un lolicon declarado e a quen só lle interesan as mulleres que teñen idades medibles cunha soa cifra, dahí o interés que toma no comezo da historia en Kanau XD. Relacionado con el está a nai de Kanau e a "mala" da historia, Nozomi, quen non informa a Kouta de que ten unha filla ata 9 anos despois de nacer esta e cando ten oportunidade de volverse facer cargo dela intenta conseguilo por tódolos medios. Neses 9 anos tivo tempo de coñecer a outro home e ter un fillo con el XD, quen aparece na historia en algunhas ocasións.
Máis ou menos uns 2/3 da historia son de comedia e o terzo restante, cando xa faltan poucos capítulos para chegar aos 63 que compoñen a  totalidade da historia, é drama, principalmente para saber se Kanau se queda con Kouta ou retorna con Nozomi , quen a criou desde que naceu.
O final da historia é un flashfordward , SPOILER onde vemos que Kanau elexiu quedar con Kouta e lugar de con Nozomi, aínda que non perde de todo o contacto con esta. Ademáis, vese como unha secundaria da que se me esquecera falar que ten un interés romántico cara Kouta ten un fillo de aspecto sospeitosamente similar a Kouta XD, para min que é un pouco un aceno do mangaka cara os lectores XDD


En conclusión, dicir que é un manga moi ben levado, non especialmente longo e maiormente consistente en historias de un só capítulo pero con hilarantes momentos e drama ben levado. Altamente recomendado!

Nota: 8.75

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //