Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 23 de decembro de 2011



Who's the pitcher? Who's the catcher?
Falemos de Mayo Chiki, anime que pertence ao xénero comedia de tipo ecchi . Porque vin este anime e non outros de temática similar emitidos ao mismo tempo? Bueno, polo menos merece un aprobado.

ARGUMENTO

Non ten un profundo argumento . Basicamente conta a historia de certo personaxe chamado Jirou(tamén coñecido como Baka chiki) que ten xinofobia , polo que cando unha muller o toca sángralle o nariz e desmáiase(unha vez vale, dúas , tamén, pero é que dsde Girls Bravo algún personaxe masculino de cada anime ecchi terá xinofobia ou algo parecido? Vamos....). Así, vive coa súa irma kureha, unha loli que é super forte e entrena co seu irmán polo que o corpo deste fíxose bastante indestructible dentro do que se pode esperar. 

Así, Jirou descobre de xeito totalmente accidental que o maiordomo dunha das rapazas máis populares da escola, Sutzsuki kanade, é unha muller que se viste de home para poder ser maiordoma. Así, este "maiordomo" chamado Konoe Subaru paliza a Jirou no momento que é descuberta pero Jirou sobrevive polo que tanto ela como Kanade, a súa ojou sama, deciden deixar a Jirou vivo e incluso axudalo co seu problema de xinofobia.

Os primeiros 2 capítulos foron decentemente graciosos, logo foi máis que nada recheo con algún que outro momento de risa e sobre todo tetas. Tetas e lolis. 


PERSONAXES

Jirou: protagonista masculino do anime. Ten a mala sorte de descubrir o secredo de Subaru , polo que remata envolto en todo tipo de sitacións que teoricamente o axudará a curar a súa xinofobia(alguén dixo Girls Bravo? XD) . 
Así, non é un personaxe especialmente destacábel, dado que é demasiado "plano" , case nunca toma a iniciativa e non ten ningún tipo de matiz dramático ou algo que o faga máis interesante. Meh.

Kanade: é unha rapaza que vai na clase de Jirou e de Subaru que sempre viste con roupas góticas. Os alumnos pensan que é unha gran persoa e moi amábel pero Subaru e Jirou saben a verdade: en realidade é unha masoquista que se dedica a torturar a Jirou o máis que pode XD.

É bastante decente como personaxe proporcionando unha dualidade no carácter que recorda a personaxes coma a presidenta do consello estudantil de Sora no Otoshimono aínda que moito menos marcada.
Aínda que non o admita abertamente suponse que está namorada de Jirou e en diversos momentos ten mostras de afecto cara o mesmo.

Subaru: aquí atopamos un dos grandes segredos da huanidade: Como ninguén sabía que Clark Kent era Superman? Algo parecido pasa aquí, xa que Subaru é en realidade unha rapaza que simplemente con cambiarse de roupa e quitarse os lentes faise pasar por un rapaz podendo así traballar como maiordomo da súa dona Kanade.

É é introvertida e  sempre remata realizando as ordes que lle manda Kanade sen discusión a pesar do estúpidas que poidan ser . Relacionado con isto está o feito de que pola súa personalidade ten difícil axudar a Jirou a curar a súa xifobia(Ademáis de que é unha experta en artes marciais e sempre remata pegando palizas a alguén).

Kureha: irmá máis nova de Jirou. A pesar de ser nova, ten unha forza descomunal e usa a Jirou como saco de boxeo para entrenar , polo que Jirou desenrolou unha resistencia tremenda aos golpes grazas a iso.

É unha loli á que lle encantan os osos de peluche xigantes e que non ten demasiada relevancia argumental, aínda que aparece nalgúns capítulos quéixase de que Jirou non lle fai caso.....XD

Usami: o seu nome é un xogo de palabras con Usagi(coello) de forma que é como se ao nomeala lle puxesen un "coello " antes do seu nome. Así, é unha loli tsundere que coma todas rematada namorada de Jirou. Non fai demasiada cousas importantes.

Tía das gafas e con epic boobs: realmente non recordo nin como se chama....XD O caso é que esta personaxe é unha rapaza da clase dos protagonistas con dous grandes atributos que está obsesionada cos lentes de tal xeitoue alguén pode pasar de feo a guapo por poñerse uns lente. Ademáis do fetiche dos lentes tamén está interesada no BL(Boys Love), vamos, o que ven sendo Yaoi, principalmente entre Subaru(quen pensa que é un home) e Jirou.

Pai de subaru:  é o maiordomo xefe da casa de Kanade. Así, non quere que a súa filla teña ningún tipo de relación sentimental i é moi protector con ela. Ten algún gag decente, como no que se ve a Subaru ignoralo completamente con el abatido no chan XD, pero polo demáis non hai demasiado que destacar.


ANIMACIÓN E BSO

A animación é suficientemente boa para algo deste tipo, abundando momentos de fasnservice en todo momento e cun deseño de personaxes sólido pero descuidando algunha vez os escenarios. Este anime non destaca pola súa animación, tampouco pola súa BSO. Así, non atopamos unha BSO que conteña variedade de temas que sirvan para unha inmersión maior na trama ou un op ou ed míticos, dado que son bastante xenéricos. O op:



CONCLUSIÓN

Como anime en xeral en daríalle un nota de aprobado raspado, dado que a pesar de volverse bastante simple e fallar moito a nivel argumental ten algúns gags graciosos. Sen embargo, se buscas algo deste estilo probábelmente sexa mellor que vexas outros animes.







Nota: 5.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //