Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 17 de xuño de 2013


Ola! Hoxe falaremos da secuela de Bloody monday e segunda entrega destas triloxía de mangas, Bloody Monday 2. A súa duración é considerábelmente menor que a primeira entrega , algo que a priori non é malo (Non é malo realmente XD ) dado que ao ser unha segunda parte intenta repetir a fórmula da primeira parte con algunha cousa nova e non hai moito de onde sacar sen repetir.
Hai elementos novos altamente favorábeis, como poden ser a inclusión de novos personaxes (Véxase a nova protagonista feminina) e unha historia máis compacta, con revelacións e cambios de argumento do estilo "resulta que o bo era malo, o malo era bo e o resto eran....algo XD" .

Imos co argumento!

Bloody Monday 2 retoma a historia de primeira parte 2 anos despois. Falcon, aquel mega-hacker parece outra persoa e resulta que deixou os ordeadores...durante o primeiro capítulo XD, que é o que dura a trola(Algo bastante evidente na miña opinión XD ) . Así, resulta que estiveo a traballar co servizo secreto Xaponés todo este tempo, en diversas misións.
Así, a trama principal deste manga está relacionada con certo grupo terrorista cuxo líder, un Ruso despiadado, ameaza con diversas cousas(Bomba nuclear....) se non se cumples as súas demandas,polo que Falcon deberá evitar que se active a bomba a toda costa.Ademáis, reaparece o virus Bloody Monday, que tamén usan os terroristas.
Antigos inimigos convértense en aliados e algúns aliados resultan ser inimigos, algo que se desvela cara o final do manga e que da sentido a certas partes da trama que ata agora non o tiñan.
Ademáis dos personaxes da anterior entrega, hai algúns novos, entre os que destaca unha nova protagonista feminina. Esta é altamente yandere, dado que ao principio funciona coma unha máquina de matar pero despois desenrola sentimentos cara Falcon e axuda a meter toques de comedia que non estaban presentes na primeira entrega.

O manga non está mal pero despois de ler a primeira parte esta segunda parte perde bastante porque hai moitas cousas que xa ves vir, non hai tantas sorpresas, o ritmo non é igual e en conxunto non é tan adictivo.Non é que chegue a aburrir pero non ten a calidade da primeira parte, iso é seguro .Así, a súa nota é inferior á da primeira entrega:



Nota: 7.25






Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //