Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 19 de xullo de 2013


Boas!Primeiro de nada descúlpome por non ter pubricado nada ultimamente, o certo é que co conto das vacacións deixei isto algo abandoado. Pero iso xa rematou XD, a partir de hoxe tentarei retomar o ritmo de publicación habitual(Un pouco máis rápido, pra publicar o monte de cousas que teño por reseñar XD ). Así, sen máis dilación, hoxe comezo unha coleción de post sobre estudos de anime, esas compañías que se encarga de levar á pequena(e gran) pantalla mangas coñecidos ou fan os seus propios traballos orixinais. Hai moitos, algúns moi coñecidos outros apenas e cada un deles ten  un estilo bastante particular,  de xeito que en certo modo ao ver unha serie de anime podes intuir que estduo a fixo se tes algo de experiencia XD.
Madhouse é un estudo que se fundou en 1972 e no día de hoxe é un dos estudos de anime máis coñecidos, con éxitos tales coma a mítica Death Note. Podedes ver o listado de completo do seus traballos en wikipedia pero así famosos eu vin a antes mecionada Death Note, BeyBlade, Birdy the MIghty, Black Lagoon, Btoom!(Esta é moi recente, o anime n on o vin o manga mola bastante ), Cardcaptor sakura, Hajime no Ippo, Gunsliger girl, algunhas OVAs de Hellsing Ultimate, DNA2, Hunter x Hunter, Ichigo 100% Nana, Summer Wars......
Traballaron con Marvel na adaptación ao anime de Iron-Man, X-Men, Blade e Wolverine(A min non me acabou de convencer XD ) , algo que fixo que a súa popularidade medrase bastante.
O seu estilo de animación é bastante escuro(Na maioría dos casos), coas liñas moi marcadas. Xoga cos claroescuros pra crear tensión e tentar inmerxir ao espectador nunha atmósfera de misterio. Gústame bastante o seu estilo de animación , polo que Madhouse é un dos mues estudos favoritos.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //