Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 26 de decembro de 2013


#book #theblackprism #theblindingknife ##
Boas! Hoxe falarei dos dous primeiros libros da saga coñecida coma The lightbringer(O portador da luz )  de Brent Weeks.
Suponse que a historia estaba planeada pra 3 libros pero agora lin que ampliárase ata 4 . Non teño moi claro se iso é bo ou malo pero se manteñen o nivel non teño problema.
Pra abordar este post escribirei un texto en cursiva co argumento dos dous libros e despois xa os comento en profundidade, pra que poidades ler os párrafos en cursiva sen spoilers. Imos co argumento de The black Prism(Contraportada do libro)! Hai un booktrailer...pero creo que a idea que da é notábelmente equivocada

"Gavin Guile é o Prisma, o home máis poderoso do mundo, ademáis de sumo sacerdotes e emperador, encargado de manter unha paz resquebraxadiza que só se sostén en virtude do seu poder, enxeño e carisma. Pero a vida dos Prismas nunca é longa, e Guile sabe con exactitude de canto tempo dispón : cinco anos nos que deberá lograr outros tantos obxectivos imposíbeis....Cando Guile descobra que ten un fillo, nado nun reino lonxano ao remate da guerra que o levou ao trono, terá que decidir que prezo está disposto a pagar con tal de protexer un secreto quepodería reducir o seu mundo a cascallos"

Agora é cando veñen os SPOILERS.
 Como primeira aproximación, o libro gustoume, creo que ten defectos pero gustoume.
Peca dun inicio demasiado lento no que presenta a cert@s personaxes(Véxase os colegas de Kip na aldea) que palman cinco minutos despois de comezar o libro...dame a impresión de que só rechean páxinas, non serven pra construír un momento dramático especialmente importante porque xa se ve vir a súa morte.
Respeito do sistema da luxina , das cores e de todo ese mundo....non está ben explicado. En ningún momento se da unha explicación conluínte sobre que é a luxina (Sí, din que é luz de cores pero a min non me queda claro con esa explicación XD) , por que hai tipos de luxina mellores pra realizar ditas tarefas ....Non profundizan no tema(Algo máis no segundo libro que comento despois).
O punto máis destacado do libro son os seus personaxes(incluso por encima da súa historia), dado que os hai de moitos tipos. Primeiro temos ao protagonista Gavin Guile(Sí, bueno, tecnicamente o protagonista é Kip...pero quen ten máis peso na historia é Gavin) , que en realidade non é Gavin senón Dazen, quen suplantou a identidade de seu irmán durante 16 anos. Aínda que deixe aparte o detalle de que eran de diferentes alturas e á fin e ó cabo eran irmáns, non xemelgos, como non se deu conta ninguén de que Dazen era un impostor e de repente, ao fin al do libro, a xente comeza a darse conta en cantidades alarmantes?Ahí hai algo que falla XD. Non obstante, Gavin é o que se coñece coma "the boss", ao igual que en historias coma The Breaker(Manhwa) onde o mestre é quen ten realmente o protagonismo, pode facer de todo , cargarse a quen faga falla e conseguir o que queira mentres que o alumno é inútil de todo. Pois iso.
O verdadeiro Gavin, que está preso nunha prisión especial á que só Dazen ten acceso sae no libro como alguén bastante trallado(Normal, leva 16 anos preso ) que maquina todo o posíbel pra saír da prisión. Ao final deste libro pensa que conseguiu algo pero realmente só é unha pequena recompensa.
O protagonista teórico do libro é Kip, un chaval que é un antiheroe: gordo, lento , estúpido e cunha lingua que lle causa bastantes disgustos durante a historia XD. Está ben ter a un heroe que se alonxa dos cánones habituais de vez en cando. Así, Kip é alguén que se pode deixar abandoado a alguén déixao(Mellora , pero no fondo pensa o mesmo), faltón ata máis non poder, vago e que necesita moito traballo pra conseguir calquera cousa. Non é ata o último pedazo do libro cando consegue ser de utilidade, só pra descubrir que a armadura de verde que usa é demasiado perigosa e non a pode volver usar XD.
Outro punto importante no dos personaxes é a inclusión de rapazas de acción, moi ao estilo de Lara Croft ou similares. Especialmente Karris(Sí, coma aquela personaxe que saía en Golden Sun, así como dato friki) , quen é unha membro da Garda Negra(Un corpo de loitadores de élite que protexe a Gavin, o prisma ) . É unha muller moi independente, que decidiu enterrar os seus sentimentos nun rincón por culpa da traición que Gavin(teoricamente) lle fixo. Tremendamente hábil tanto con armas (arco, espada) como con luxina(É unha bicroma, creo recordar) é unha personaxe moi interesante.
E ata aquí o comentario da primeira entrada. Gustoume o libro, é altamente recomendábel.





Agora imos co argumento de The blinding knife!(Contraportada do libro)(SPOILERS FREE )
"Gavin Guile morre. Pensaba dispoñer de cinco anos máis de existencia como Prisma, e agora resulta que lle queda menos de un . COn cincuenta milre uxiados ao seu cargo, por non falar dun fillo ilexítimo que hai que formar nas artes máxicas e unha ex-moza que ben podería ter descuberto o seu máis escuro secreto , chóvenlle os problemas. De repente, a maxia en todo o mundo está fora de contorl , e este caos ameaza con aacabar coas sete satrapías. Peor aínda, os deuses antigos están a a punto de renacer e os seus exércitos parecen imparábeis. Tal vez o único camiño de salvación sexa o seu irmán, cuxa liberdade e cuxa vida Gavin roubou fai dezaseis anos".

VOLTA AOS SPOILERS
Este libro é notábelmente máis longo ca o anterior pero iso non quere dicir que pasen moitas máis cousas; de feito, deume a impresión de que estiraron a trama enormemente en certos momentos nos que non pasa absolutamente nada. Isto é especialmente visíbel en certos capítulos nos que se abandona a historia principal pra contar subhistorias de personaxes que , sí, existen no universo pero realmente non son relevantes e a min resultáronme aburridas.
O libro empeza moi forte cunha primeira batalla contra o monstro marino ultra-épica e a acción segue en todo o libro, a nivel de acción , este libro é notábelmente mellor. A nivel de historia xa é outro cantar....hai cousas que están ben, como a inclusión de Andross Guile(Comentarei isto máis en profundidade despois) ou o tema da vidente da Illa dos vindentes pero hai cousas que non só non me gustaron, senón que non entendín a que viñeron. O exemplo máis claro disto é a morte do verdadeiro Gavin Guile(Que se fai chamar Dazen) . Quero dicir, mantes medio morto a un personaxe durante a maior parte dos dous libros e de xeito un pouco random o Prisma decide que é demasiado malvado e mátao....non acabo de ver a que veu iso, por que non o matou antes?Mira que tivo ocasións pra que resultase máis natural....XD Creo que era un personaxe que podía dar moito de sí , dado que o Prisma estaba a perder as cores e Gavin tiña os mesmos poderes, podía desatar unha batalla importante. Pero nada, nivel de troleo entorno a 9000 e tiramillas. Total, pra que o Prisma perda a capacidade do xeito máis estúpido e anticlimático que vin nunca XD En serio, ao rematar ese capítulo quedeime en plan en serio? Ningunha batalla épica nin nada? Vamos, que resulta que tiran a daga o aire e váiselle cravar ao Prisma por casualidade...Soa raro pero é que iso é o que pasa XD
Se sigo coa historia, creo que hai varios elementos que son demasiado obvios e que polo tanto non te sorprendes cando realmente ocorren. Primeiro, o feito de que Karris e o Prisma estean xuntos un nada de tempo despois de todas as que pasan para poder estar xuntos. Pero sobre todo a maneira en que Kip entra na Garda Negra, un corpo de xente súper entreada, guerreiros e guerreiras natos, tarde, mal e nunca XD Quero dicir, o libro ven a querer dicir que Kip estaba destinado a entrar polo que aínda que non o conseguira de xeito normal algo había pasar para que entrase...
No libro introdúcese un novo tipo de Luxina, o paryl, algo moi rollo Assassin's Creed . Por que? Bueno, porque resulta que dita luxina serve pra ter unha especie de visión de infraroxos e detectar se a xente leva armas ocultas pero sobre todo porque serve pra fabricar diminutas agullas invisíbeis e cargarse a xente con elas. Win .
Respeito dos personaxes, hai varios novos pero sen dúbida a estrela fundamental do libro é motherfucker Andross Guile. O nivel de troleo ao que somete a Kip co seu xogo de cartas que se parece a Magic The Gathering é ilarante e cruel a o mesmo tempo. Neste libro indágase máis na súa persoalidade e descóbrese que é a persoa mśis cruel e malévola que un poida imaxinar , compadezo a Kip XD.

E bueno, ata aquí foi todo. na Daga da Cegueira as cartas quedan sobre a mesa(Nunca mellor dito! XD) e parece que Kip por fin vai ter algo de acción. A ver se é verdade. Libros altamente recomendados para os amantes de fantasía.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //